O FASCISMO E O NAZISMO
No período de entreguerras os problemas económicos provocaron a perda de confianza nos sistemas democráticos e o ascenso das ditaduras de dereitas. A desestabilización foi produto do medo ao contaxio da revolución rusa e ao desenvolvemento de organizacións de ultradereitas e nacionalistas.
Os partidos fascistas caracterizáronse polo rexeitamento violento ao sistema parlamentario liberal, odio ao comunismo, nacionalismo racista exacerbado e culto á violencia. Os exemplos máis claros foron o fascismo en Italia en 1922 e o nazismo en Alemaña desde 1933 .
DEMOCRACIAS E DITADURAS NA EUROPA DE ENTREGUERRAS
As democracias
Tras a Primeira Guerra Mundial a democracia consolidouse na Europa Occidental e nórdica e estendeuse polos novos Estados do centro e leste de Europa, xeneralizándose así en prácticamente todo o continente coa excepción de Rusia (sistema comunista) e Hungría.
Pero os gobernos democráticos non foron capaces de resolver os graves problemas políticos sociais e económicos da Europa de entreguerras polo que amplos sectores da poboación defenderon a necesidade de Estados fortes e totalitarios. Esta necesidade xustificouse nun primeiro momento para frear o avance das Revolucións comunistas e a onda de folgas e manifestacións obreiras cara 1919 e 1920.
Pero tras a crise do 1929 e os seus terribles efectos, a poboación radicaliza as suas posturas políticas . Os valores democráticos son cuestionados e burguesía e clases medias queren un Estado forte que impoña disciplina e cohesión nacional.
Neste contexto, fascismo e nazismo que defendía un nacionalismo exaltado e violento imposto por un partido único, conseguiron gran apoio popular.
O triunfo das ditaduras
A democracia só resistiu nos países nos que estaba máis asentada. Nestes, o capitalismo reformouse e o Estado interveu na economía. Os partidos socialistas comezan a integrarse no xogo parlamentario.
Pero no resto de Europa, a inestabilidade económica e política favoreceu o éxito do partido nazi e outros partidos nacionalistas radicais nos países de Europa central, balcánica e mediterránea (España 1936).
En 1939 a maioría de sistemas políticos de Europa eran ditaduras de dereitas.
O FASCISMO
Entre 1920 e 1930 aparecen os movementos fascistas cunhas características comúns: antidemocráticos, anticomunistas, nacionalistas exaltados, culto a un líder e uso da violencia.
A ideoloxía fascista
Características:
- defensa dun Estado totalitario que controle todos os aspectos da vida : política, economía, cultura , pensamento...Nega os principios de liberdade individual do Liberalismo político, os dereitos, a igualdade, a separación de poderes...
- ditadura de partido único dirixido por un líder carismático ao que se lle rinde culto e se debe obedecer cegamente.
- Anticomunismo e anticapitalismo, formulando unha “terceira vía” o socialismo nacional, que pretendía acabar có conflito de clases.
- Nacionalismo exacerbado, expansionista e militarista.
- Racismo, considerando a raza branca como superior; e sobretodo destaca o antisemitismo do nazismo que consideraba a raza aria superior e aspiró a desaparición da raza xudea.
-Exaltación de elementos irracionais da conduta e polo tanto rexeitamento do racionalismo.
- Defensa da violencia como medio para acadar os seus obxectivos. Baixo esta idea crearon organizacións paramilitares donde a disciplina, os símbolos, mitíns, desfiles tiñan unha gran importancia.
Bases sociais do fascismo
Os movementos fascistas nunca lograron un maioritario apoio popular aínda que a súa base social pasou de ser minoritaria a ampla, sobre todo en Italia e Alemaña.
Os sectores sociais desarraigados tras a 1ª Guerra Mundial (militares)foron os primeiros en ser recrutados. Despois, coas dificultades económicas foron sumándose membros de clase media e importantes sectores da poboación obreira. Grandes empresarios e terratenentes ofreceron un apoio fundamental, xa que pensaban que controlando estes partidos se lograría un poder executivo forte e estable. Tamén exército e policía simpatizaron con estes movementos.
A ITALIA FASCISTA
A crise do réxime liberal italiano
Despois da guerra o paro e a inflación disparáronse en Italia. Folgas de obreiros , reclamando melloras salariais e laborais e revoltas campesiñas reclamando terras asolaban o país. Estas revoltas adquiriron carácter revolucionario entre 1919 e 1920 , coa ocupación de terras e fábricas. Empresarios e terratenentes estaban atemorizados.
Xunto a esta crise social hai unha crise política xa que gañan peso os partidos socialistas de corte bolxevique fronte aos tradicionais.
O Partido Socialista, pola súa banda, tiña divisións internas entre os reformistas, partidarios de colaborar có réxime parlamentario e os que defendían a revolución que acabarán fundando o Partido Comunista de Italia.
Esta situación súmase ao feito de que tras a Guerra os italianos non obteñen os territorios prometidos ,como Fiume, que de feito foi ocupado polo poeta Gabrielle D´Annunzio aínda que abrigado a abandonalo polo goberno italiano.
A marcha ao poder do fascismo
O fundador do Fascismo foi Benito Mussolini, de pasado socialista pasou a ser nacionalista extremo e anticomunista ante a decepción da postura dos aliados na guerra. En 1919 fundou os Fasci Italiani di Combattimento, grupo paramilitar ataviados con camisa negra que defendían posicións ultranacionalistas con tintes socialistas. A súas accións foron violentas como destrucción do diario socialista Avanti, ataque a organizacións campesiñas e obreiras atacando as súas sedes.
Por outra banda, a medida que gañaban apoios entre clases media e empresarios, comezaron a tomar parte na loita parlamentaria a través do recén fundado (1921) Partido Nacional Fascista. En 1922 e tras o fracaso dunha folga xeral, deciden a toma do poder. O 22 de Outubro de 1922 é a “marcha sobre Roma” que significa a toma de poder de xeito efectivo. O rei Vítor Manuel III negóuse a sancionar esta acción e pedíulle a Mussolini que formara goberno.
A etapa parlamentaria
Entre 1922 e 1925 Mussolini é primeiro ministro e foi, paulatinamente sustituíndo a democracia pola súa ditadura persoal. Nun primeiro momento formou un goberno de coalición cós liberais e conservadores. En 1924 os fascistas asesinan ao líder socialista Matteotti por pretender a nulidade das eleccións. Non lles deixan aos socialistas ocupar os seus escanos. Foi o comezo da ditadura.
A ditadura fascista
Desde 1925 Mussolini elimina toda oposición mediante a creación da policía política (OVRA), supresión de partidos políticos e sindicatos e tamén mediante a censura.
Creose un réxime totalitario de partido único con Mussolini, o Duce, como líder.
Cós Pactos de Letrán coa Igrexa Católica o Estado Italiano é recoñecido e nace o Estado Vaticano. A relixión católica pasa a ser a única relixión oficial do Estado.
O Estado Fascista controla a educación mediante os mestres e profesores universitarios e integra aos nenos desde os 4 os 18 anos nas organizacións xuvenís fascistas. Asimesmo controlaba a cultura e os medios de comunicación mediante o Ministerio de Propaganda. A muller foi animada a incorporarse á vida laboral pero cobraban menos que os homes e ademáis reforzóuse o seu papel de nai cunha política natalista.
Na política económica o Estado aplicou unha política liberal pero despois cedeu a unha política intervencionista controlando a producción no campo, a revalorización da lira e pretendeu a autarquía industrial mediante a creación do IRI (Instituto Italiano para a recosntrucción). En canto aos sindicatos, fixo unha política de eliminación de conflitos de clase integrando obreiros e patróns nunha mesma organización, sistema que lle permitía controlar aos traballadores.
A partir de 1936 Mussolini da paso a una auténtica economía de guerra.
Creo que es un error hablar del nazismo, del fascismo y tambien del franquismo desvinculándolo del avance y de la fuerza del movimiento obrero. Estas tres corrientes, que son una en el fondo, es la respuesta del capital y de la burguesía a la pujanza del movimiento obrero; por lo tanto también es un error decir que son anticapitalistas aunque su fraselogía lo pueda hacer creer. Estuvieron todos ellos financiados por los grandes emporios capitalistas de la época en cada país.
ResponderEliminarComo dijo Poulantzas, son el estado de excepción permanente en el sistema capitalista. Pero eso, capitalista.
Completamente de acuerdo, es un aspecto que nunca olvido comentar en mis clases aunque este "resumen" es para facilitar la digestión del tema a mis alumnos, pero no olvidaré modificar e incluir ese aspecto fundamental, muchas gracias, anónimo.
ResponderEliminar