domingo, 7 de marzo de 2010

A CRISE DO 29



A ECONOMÍA DE ENTREGUERRAS 1918-1939


1- CONSECUENCIAS ECONÓMICAS DA GUERRA

A guerra supuxo a perda de millóns de vidas humanas e a destrucción de infraestructuras , bens de equipo ademáis de ter enormes custos financieros: reservas de ouro, emisión de débeda pública e aumento de papel moeda coa conseguinte inflación*.

  • a emisión masiva de papel-moeda provoca inflación; ao ser o valor que respalda a esa moeda o mesmo e máis a cantidade de billetes en circulación, estes perden valor, é decir, depreciase a moeda e suben os prezos (inflación).

Os tratados de paz tamén tiveron efectos económicos negativos. Alemaña perdeu territorios e as rexións mineiras máis ricas. Ademáis é tratada con excesiva dureza pois é obrigada a pagar indemnizacións que superan a súa capacidade. Ao non pagar, Francia tampouco poder facer fronte as reparacións. Ponse de manifesto tamén as diferencias entre EEUU, partidario de revisar as cantidades que tiñan que pagar os alemáns, e os seus antigos aliados, proclives a tratar a Alemaña con máis severidade.



Tratado de Versalles


Neste contexto de tensión vaise dar un breve boom económico nos anos 1919-1920 grazas ao mantemento dos créditos e a demanda dos países europeos.  Pero este crecemento económico foi breve ao cortaren os Estados Unidos os créditos.
Para tratar de solucionar a crise preténdese controlar a inflación con distintas políticas:
-               Nos EEUU e Reino Unido: políticas deflacionistas (reducción de créditos, recorte do gasto público, redúcense os billetes en circulación para provocar descenso de precios) e proteccionismo que provocaron paro e descenso de producción.

-               Nas potencias centrais europeas (Alemaña, Austria…) desátase unha hiperinflación sen precedentes pola emisión masiva de billetes. Como consecuencia Alemaña non puido facer fronte as indemnizacións e Francia ocupa a conca mineira do Ruhr en xaneiro de 1923.
       

2-DECLIVE DA HEXEMONÍA EUROPEA

A primeira Guerra Mundial deixa como herdanza a perda da hexemonía europea en todas  as ordes, tanto política, económica ou miitar a favor dos EEUU. O centro mundial das finanzas se traslada de Londres a Nova York e a maior parte de capitais investidos son norteamericanos. As potencias europeas atópanse endebedadas. 


Os Estados Unidos convírtense en banqueiros do mundo, con máis reservas de ouro, e en acreedores de Europa. Os Estados Unidos posúen unha industria nova, principalmente baseada no automóbil.

3- RECUPERACIÓN ECONÓMICA : PLAN DAWES

        Para restablecer o sistema monetario internacional , convócase a Conferencia de Xénova (1922) co obxectivo de estabilizar as moedas e retornar ao patrón ouro*. Estados Unidos xa o fixera pero no resto de países é difícil xa que as reservas eran escasas despois da guerra. Dende este momento respáldanse as moedas dos países con reservas deste metal e con outras divisas. Tamén decidiron eliminar o proteccionismo, pero nos EEUU e Reino Unido avanzou aínda máis.
         Para estabilizar as moedas europeas un comité presidido polo vicepresidente americano Dawes propón fortalecer a economía alemá para que poida pagar as reparacións de guerra. É o chamado Plan Dawes de 1924 que tivo os seguintes rasgos:
-               concesión dun empréstito a Alemaña.
-               Reducción do total da débeda (un tercio das fixadas en 1921)
 e fixación de anualidades de 1000 millóns de marcos e 2500 a partir do 5º ano cando xa a economía alemá estivera mellor.
O resultado foi a recuperación da economía alemá, o pago das indemnizacións , a devolución dos préstamos e a volta a circulación de capitais, con un problema, a maioría destes capitais, ata un 60% son americanos.
A partires deste momento a economía mundial entra nun período de rápida expansión e prosperidade.

4- OS FELICES ANOS VINTE.

A expansión económica ten como centro os Estados Unidos que dende 1922 a 1929 tivo un espectacular crecemento da producción industrial e das exportaións.
 Este crecemento foi notable nos sectores do automóbil , as industrias eléctricas, electrodomésticos, petro química ,química lixeira,aeronáutica e producción de electricidade.
A industria do automóbil foi a máis destacada,acaparando o 80% da producción mundial e baseándose nos novos modelos productivos de producción en masa e racionalización do traballo (taylorismo) e producción estandarizada e en cadea (fordismo) dando como resultado o aumento de producción e abaratamento dos prezos.
        Foi a época do consumo de masas, incentivado pola publicidade e o crédito.
  Traballo en cadea na fábrica Ford






5- OS SIGNOS PRECURSORES DA DEPRESIÓN

Durante catro anos a economía mundial vive nun ambiente de optimismo baseado en dous procesos que non se podían soster de xeito indefinido: a superproducción e a especulación.
        A superproducción considérase a causante la depresión do ano 29. Terminada a guerra a producción industrial europea e a extraeuropea que se iniciara durante a guerra, súmanse sen que aumente o consumo. Esta situación provoca un aumento dos stocks (excedentes).
        Paralela á superproducción industrial está a agrícola, provocada por unhas colleitas excepcionais a partir de 1925.Estes excedentes súmanse aos industriais.
        A especulación. A pesar do desfase entre producción e ventas as cotizacións en bolsa non deixaron de subir. Para isto só existe unha explicación : a inflación do crédito. Os costes da producción afróntanse con créditos bancarios e así repártense beneficios Pero é unha situación artificial. A especulación comeza na construcción en zonas de sol e praia como Florida. Despois segue en sectores antes deprimidos. Os investidores compran accións a crédito levados polo espellismo dunha ganancia fácil. Os bancos respaldaban estes créditos orientados a economía especulativa máis que os orientados a economía productiva.

6-O CRACK DO 29 E A GRAN DEPRESIÓN


A situación da bolsa era en realidade moi fráxil polo desequilibrio entre o estancamento da economía real e o desmesurado crecemento das accións, o que deu lugar a unha burbulla especulativa. Non se correspondía o valor dos títulos cos beneficios reais das empresa.  




 Xoves 24 de Outubro, crack na Bolsa de Nova York
 Na primavera de 1929 as accións comezaron a baixar.Ademáis os bancos concedían menos préstamos.  Un primeiro descenso brusco das cotizacións, provocado pola retirada de investidores, fixo extenderse o pánico entre os que compraran a crédito e intentan vender as súas accións canto antes para pagar débedas.  O 24 de outubro puxéronse á venda 13 millóns de títulos  que non atopan comprador. Cinco días máis tarde eran 16 millóns e medio. O mercado quedou colapsado e o afundimento da bolsa continuou deica 1933.

                  Cotizacións das accións                                  

O afundimento da Bolsa deu lugar a unha reacción en cadea que colapsou a economía estadounidense e provocou unha longa crise coñecida como a Gran Depresión. Esta crise tuvo as seguintes características:
- Os Bancos foron os máis afectados, 4285 crebas ata 1931. A creba dun banco provocaba a paralise da actividade dos seus clientes.   Os Bancos, ao quedaren sen cartos , repatriaron os capitais investidos en Europa e desta maneira afundiron as institucións crediticias austríacas e moitas alemás, extendendo así a crise.

- O retroceso da economía norteameriana tivo efectos no comercio mundial. Este retrocedeu e retómanse políticas proteccionistas que non van ser eficaces, xa que estancaron o comercio durante os anos 30 e agravou e extendeu a crise.

- O afundimento da Bolsa provocou a destrucción de aforro e traduciuse nunha drástica redución de crédito, consumo e do investimento.

- O cese da demanda provocou a crise industrial, o aumento do paro e o descenso dos prezos (deflación) e esto tradúcese en miseria : doce millóns de parados, xente sen fogar, desnutrición, chabolismo... 

- crise agraria- nun primeiro momento os prezos se mantiveron polas subvencións estatais e o agrícola parecía o único sector produtivo. Aumentou a produción pero o goberno non soportou a carga das axudas. En consecuencia, desplomáronse os prezos e todo o sector.

7. EXPANSIÓN DA CRISE AO RESTO DO MUNDO

A crise extendeuse rápidamente ao resto do mundo poidendo distinguir dous grupos de países: aqueles que dependen da exportación de materias primas aos países industrializados e os países europeos dependentes dos capitais estadounidenses.

O primeiro grupo foi o primeiro en sufrir os efectos da crise coa baixada fulminante dos prezos dos produtos o que supuxo  a ruina da economía de moitos deles (Europa oriental, China, Latinoamérica, Sueste asiático). 
En Europa os países máis afectados que dependían de capitais estadounidenses : 
-               Alemaña e Austria- foron os que máis sufriron a crise xa que 
dependían para o pago de indemnizacións dos empréstitos británicos e estadounidenses. En Alemaña cae o nivel de producción industrial un 40%, os parados chegan a seis millóns. Este cataclismo débese fundamentalmente á retirada de cen millóns de marcos por parte dos americanos. Neste panorama prodúcese o ascenso do partido nacional-socialista de Hitler.
                 En Austria a Banca Credit Anstalt , que representaba o 70% dos fondos bancarios austríacos, suspende pagos. O pánico desatóuse entre os clientes que acudían a retirar os seus depósitos. A crise bancaria contaxiouse a Alemaña. O colapso do sistema bancario trouxo a quebra de empresas e a perda de capacidade de compra dos seus clientes.
        Francia é o país menos sacudido pola crise, nin se reduciu tanto a producción industrial nin, en consecuencia, foi tanto o paro, pois no dependía tanto do capital norteamericano, a industrialización era menor e a súa agricultura estaba diversificada.
        No Reino Unido a crise tampouco foi tan grave. Posúe un Imperio mundial, reservas de ouro nos seus dominios e ademáis se beneficia do abaratamento das materias primas que importa. Aínda que se reduciron as exportacións, manteñen a capacidade de consumo interno.  Ademáis renováronse os sectores industriais obsoletos. Pero para sair casi indemnes da crise o goberno tivo que abandoar o patrón-ouro e devaluar a libra ademáis de adoptar políticas proteccionistas.

8- CONSECUENCIAS SOCIAIS E POLÍTICAS DA CRISE

         O Capitalismo non coñecera nunca un retroceso tan espectacular e as consecuencias foron terribles:
- estancamento demográfico e incluso descenso pola baixada da natalidade.
- as migracións cara ás cidades cesan , os mesmo que as intercontientais.
- Dos grupos socias non todos saen igual parados: rentistas, propietarios e funcionarios gañan capacidade adquisitiva, ao manteren os ingresos e descencer os prezos; os proletarios sufren paro e baixadas salariais. Os accionistas aruínanse. Os profesionais liberais perden clientela.
        Entre as masas proletarias a hostilidade cara o capitalismo tradúcese en folgas , manifestacións e incremento da forza dos partidos comunistas e socialistas.
        As democracias parlamentarias se desacredita, e o temor a unha revolución comunista e o aumento dos sentimentos nacionais fixeron que os partidos de extrema dereita proliferaran e gañaran peso.

9- A SOLUCIÓN Á CRISE : “O NEW DEAL” DE ROOSEVELT

        As primeiras medidas adoptadas contra á crise foron métodos tradicionais: políticas deflacionistas ( recorte de gasto público, reducción de créditos e baixada de prezos) pero esta política acentuou a crise. Tamén adóntanse medidas proteccionistas , o que foi negativo para o comercio tradicional.
        Na Conferencia Económica Mundial de Londres de 1933 non se adoptaron políticas conxuntas.
        Foi o economista inglés Keynes o que propuxo abandoar o liberalismo e adoptar una intervención estatal na economía para salvar a situación.

         Nos Estados Unidos ese mesmo ano sae elexido presidente o demócrata Franklin Delano Roosevelt.
-A primeira medida a adoptar contra a crise foi a de sanear o sistema financieiro participando no capital dos bancos . A 2ª medida: devaluación do dólar para aumentar a inflación , o que foi u estímulo á economía.
        -A política agrícola, ante a acumulación de excedentes, paga indemnizacións aos agricultores para que reduzan voluntariamente o volumen das colleitas. O efecto inmediato foi a recuperación dos prezos.


        
                            F.D Roosevelt                   
- Na industria estableceu medidas revolucionarias: aumento de salarios, reducción da xornada laboral a 40 horas e prezos máis elevados para correxir os descensos da depresión.

- Emprendeuse un programa de investimentos en obras públicas para relanzar a economía e crear postos de traballo.

- Créanse pensións de vellez e viuvez, seguros por incapacidade e subsidio por desemprego, sentando as bases do “Wellfare State” o Estado de benestar.

        Deste xeito naceu unha masa de xente con certo poder de compra e paliáronse os efectos negativos da crise.

Para ver:

Películas sobre Estados Unidos e a crise do 29:

“Os intocables de Elliot Ness” de Brian de Palma (sobre a mafia e a Ley Seca”.

“Cinderella Man” de Ron Howard

“O intercambio” de Clint Eastwood.
"Las uvas de la ira" de John Ford

 
En Italia:

“Novecento” de Bernardo Bertolucci, sobre o ascenso de Mussolini.